Balizado simbólico para demandar ao Concello que actúe

A veciñanza cansada da pasividade do Concello, acudiu ao balizado simbólico para esixir que garantan a súa integridade física

Balizado simbólico para demandar ao Concello que actúe

Esta mañá xunto coa veciñanza, fixemos un balizado simbólico para demandarlle ao goberno local que actúe dunha vez por todas nos edificios e casas situadas na rúa Suas Barras con número 41 e 43, e tamén no edificio do antigo Hotel Cociña.  Balizamos estes inmobles simbólicamente reivindicando a falta de medidas preventivas e esixir que garantan a seguridade dos viandantes.

O mal estado dos edificios supón un risco real para calquera que transite esta zona, polo que dende o BNG de Viveiro instamos ao Concello a adoptar unha solución inmediata. Tal e como se detallou na proposta que presentamos o pasado 29 de decembro de 2017.

Agardamos que o PSOE de Viveiro escoite á veciñanza e poña en marcha as pertinentes medidas de seguridade na zona de forma inminente.IMG_4524ba.

IMG-20180128-WA0005IMG_4503ffIMG-20180128-WA0032