Quen intenta confundir á veciñanza de Viveiro?

A terceira forza máis votada en Viveiro foi o BNG, sexa quen sexa o que está a intentar confundir aos viveirenses

Quen intenta confundir á veciñanza de Viveiro?

O terceiro grupo político máis votado nas anteriores eleccións municipais, como sabe todo Viveiro, foi o BNG, grupo que aínda non se manifestou ao respeito deste novo globo sonda sobre as inexistentes variantes de Viveiro, lanzado moi hábilmente polo Sr. Feixóo e a Xunta do PP, a un ano vista das municipais co obxectivo principal de enfrontar ao pobo de Viveiro.

O BNG vén manifestando posicionamentos e facendo propostas para todas as cuestións de relevancia para Viveiro con independenza de estarmos ilexitimamente privadxs de representación municipal, debido á falta de ética que demostraron os tres edils que agora se atopan dentro do grupo "Non Adscrito", co feito de apropiarse das actas dunha organización política. A opinión dos non adscritos Manolo Galdo, Bernardo Fraga e Oscar Lara, sobre este ou outro tema pode ser respectable, pero para o BNG carece de relevancia logo de ver a súa pouca capacidade para manter os seus posicionamentos políticos.

ponte