O PSOE de Viveiro racha, por partida dobre, o acordo plenario de manter Viveiro libre de propaganda electoral

O PSOE de Viveiro racha, por partida dobre, o acordo plenario de manter Viveiro libre de propaganda electoral

O BNG de Viveiro após acusar hai uns días ao Goberno do PSOE de incumprir co acordado ao non habilitar soportes para a propaganda electoral, volve a acusalo de incumprir dobremente co acordado na sesión plenaria do 2 de outubro. Acordouse colocar exclusivamente a propaganda electoral nos soportes ou paneis que tería obriga de colocar o concello en todas as parroquias (que non fixo), como tamén nas luminarias públicas do concello. Os nacionalistas contaron até 5 faixas fóra de lugar saltándose o acordado, en sitios como verxas, pontes, barandillas... destacando que, o único grupo político que manchou Viveiro con propaganda electoral, foi o PSOE.

Míriam Bermúdez culpa ao PSOE de María Loureiro de "non respectar cos acordos que chegamos en consenso xunto con toda a corporación municipal", e fica abraiada de que "rachen até cos acordos que eles mesmos votaron a favor”, e que por riba “non pasou ni un mes dende que foi aprobada e xa están a saltarse o acordo". Bermúdez conclúe dicindo “na política hai que respectar os acordos que tanto tempo invertimos en preparalos, falalos e negocialos, e máis, cando se goberna en minoría tal e como está o PSOE de Viveiro.

comentarios