Fortalecemento dos servizos municipais. Proposta Orzamentos 2020

Fortalecemento dos servizos municipais. Proposta Orzamentos 2020

É necesario contratar persoal municipal nas áreas clave sobre as que reacarerá toda a carga de traballo relacionada coa reactivación económica-social e que ademáis actualmente se atopan baixo mínimos. Estas son as ausencias de persoal que ten o Concello de Viveiro e que na nosa Proposta de Orzamentos Municipais 2020 propoñemos cubrir:

ÁREA DE SERVIZOS ECONÓMICOS
-Intervención Municipal, o concello conta con tan só un día á semana cos servizos da interventora.
-Técnico de Servizos Económicos, baixa laboral de longa duración sen cubrir.

ÁREA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
-Axente de Desenvolvemento Local (ADL), sen cubrir.
-Administrativ@, sen cubrir.
-Auxiliar administrativ@, sen cubrir.
-Técnico municipal de emprego e orientador/a laboral, cuberto por un profesional de perfil psicosocial, que cubre a área de orientador laboral pero non a área de técnico de emprego.

ÁREA SERVIZOS SOCIAIS
-Psicólog@, sen cubrir.

ÁREA DE CONTRATACIÓN
-Técnic@ de contratación, sen cubrir.

REFORZO DOS SERVIZOS DE LIMPEZA
-Dar continuidade aos traballos de desinfección nos espazos públicos e de maior afluencia
-Que conten todas as parroquias cun colector de cada tipoloxía (cartón, plásticos, restos orgánicos)
-Subministración de contedores de roupa, aceite e pilas distribuídos en puntos estratéxicos do termo municipal incluíndo un servizo móbil dos mesmos polas parroquias do rural.

REFORZO DOS SERVIZOS DE ABASTECEMENTO DE AUGA
-Planificación anual da instalación da rede de saneamento en todos os núcleos rurais do concello.
 

Fortalecemento dos servizos municipais. Proposta Orzamentos 2020
comentarios