Proporemos a instalación de marquesiñas en Celeiro

Proporemos a instalación de marquesiñas en Celeiro

De xeito tradicional en distintos lugares do concello, as veciñas e veciños reúnense en puntos próximos ás súas vivendas para pasar a tarde e/ou a noitiña ao aire libre, socializar e facerse compañia, sobre todo as persoas de idade máis avanzada que viven soas. Os beneficios destas reunións son moitos tanto a nivel físico e cognitivo como a nivel emocional, motivo polo cal é o noso deber proporcionar lugares idóneos para que estas formas de socializar se manteñan, xa que aparte dos beneficios que proporcionan ás persoas o feito de que se reúnan, tamén da vida aos distintos lugares do concello. Un destes puntos de reunión son os bancos situados ao carón do colexio de Celeiro, no barrio do Chao, onde a veciñanza que alí se reúne colocan parasois con pés de terraza de bar para protexerse do sol, contribuíndo ao feísmo do lugar ante a carencia doutra alternativa.

Para o pleno de setembro proporemos que nestos bancos situados ao carón do colexio de Celeiro, coloquen dúas marquesiñas ou alternativas similares que den solución ás necesidades da veciñanza deste barrio, que tamén servirían de amparo ante a choiva para as nais e pais que levan ás crianzas ao colexio, que até hai pouco, resgardábanse no soportal dunha casa privada que agora xa non lles serve de abrigo ao cambiar de propietarios.

Do mesmo xeito, proporemos que se coloque unha marquesiña na parada de bus situada ao carón da gasolineira de Celeiro e outra en fronte á Escola de Idiomas, para dar resgardo ás usuarias e usuarios que collen o autobús como medio de transporte, tales como os estudantes dos institutos, e que tamén se identifiquen outros puntos do concello que se atopen nas mesmas circunstancias para darlles unha solución.

comentarios