O PP está empuxando a Sanidade Pública cara o precipicio

O PP está empuxando a Sanidade Pública cara o precipicio

Na última década, coa escusa da crise, o PP de Feixóo á cabeza, aplicou duras políticas de recortes e fixo modificacións lexislativas e organizativas que danaron gravemente a Sanidade Pública de Galiza. Todas as medidas que tomaron tiveron como fin a privatización e o desmantelamento da sanidade pública galega, a base de recortes continuos e de pór os recursos desta ao servizo de intereses privados para poder facer negocio coa enfermidade das persoas.

Redución de orzamentos, de centros de profesionais, de camas hospitalarias, privatizacións e externalización de servizos esenciais, derivacións de doentes a centros privados, listas de agarda disparadas, colapsos de urxencias, desatención clamorosa da saúde mental e das mulleres.

A Atención Primaria foi o ámbito da sanidade pública galega que con máis intensidade sufriu os recortes, as consecuencias son tremendas: masificación de consultas, cupos desbordados, redución de profesionais, non substitución, as listas de agarda de máis dunha semana para medica/o de familia, peche de axendas, saturacións, ausencia de pediatras, PACs ao límite...

Os hospitais comarcais desmantelados progresivamente, eliminando servizos e especialidades, até ir converténdoos en ambulatorios que non poden dar resposta ás necesidades da poboación.

Estamos fartas das mentiras do PP, a realidade é que están desmantelando a sanidade pública galega. Temos peor sanidade, peores prestacións, menos profesionais, máis listas de agarda, máis copagos...

Non lle permitamos ao PP que destrúa un ben tan prezado como é a nosa sanidade pública. 📣 Defendámola este domingo 9 de febreiro ás 12 horas, dende a Alameda de Santiago de Compostela.

O PP está empuxando a Sanidade Pública cara o precipicio
comentarios