Proposta para a posta en marcha dunha Rede de Centros Socioculturais Municipais

Centro sociocultural de Magazos
Centro sociocultural de Magazos

No BNG de Viveiro propoñemos a posta en marcha dunha Rede de Centros Socioculturais Municipais para optimizar o uso racional e eficiente do equipamento e patrimonio cultural municipal

Proposta para a posta en marcha dunha Rede de Centros Socioculturais Municipais

O grande esforzo colectivo feito polos emigrantes da zona a prol da cultura e a educación dxs viveirensxs, dotando á Terra de Viveiro do maior número de escolas fundadas polos indianos de todo o país, non debera caer no olvido do goberno de Viveiro, titular de máis dunha ducia de antigas escolas unitarias, as cales algunhas delas permanecen sen darlles uso dende que deixaron de ser centros escolares, mentras que outras, pasaron a ser sede de asociacións veciñais, convertíndose en centros sociais da parroquia onde se ubican, mais sen contar cunha mínima, salvo en contadas excepcións, programación sociocultural regular.

Facéndonos eco das queixas recibidas das asociacións viveirensas ás cales veñen demandando dende hai tempo, lugares donde poder reunirse e/ou desenvolver as súas actividades, considerando que, sendo o concello de Viveiro titular de diversos espazos culturais e equipamentos así como de centros sociais, entre eles as antigas escolas unitarias existentes nas parroquias do concello, deberíase optimizar este importante patrimonio cultural dándolle un uso eficente aos recursos públicos no ámbito cultural e de ocio a través da concellaría de Cultura do Concello.

Unha Rede de Centros Socioculturais Municipais que conten cunha programación regular e estábel co obxectivo de que estes equipamentos de uso comunitario fomenten a convicencia, acheguen a cultura e o coñecemento á poboación, se desenvolvan programas de ocio, sociais e de aprendizaxe ademáis de facilitar e promocionar a realización de estas actuacións e actividades xestionadas dende o movemento asociativo impulsando a participación da veciñanza nestes espazos.

Así mesmo, propoñemos ao goberno de María Loureiro dotar de contidos estes espazos culturais e de ocio, planificando e coordinando a programación anual de actividades dos centros que integren a Rede de Centros, xunto coas entidades veciñais e culturais que están a xestionar algúns dos centros sociais das parroquias, así como tamén o acondicionamento e mantemento dos Centros da Rede e habilitación de espazos dos Centros para poñer a disposición de entidades sen ánimo de lucro en concepto de cesión temporal ou puntual, atendendo ao que se estableza no Regulamento de Utilización Temporal de Espazos de Titularidade Municipal.