Que pasou co suposto proxecto do parque Pernas Peón?

Que pasou co suposto proxecto do parque Pernas Peón?

O parque Pernas Peón foi durante moitos anos un espazo verde de encontro para varias xeracións de Viveiro, que deixou de selo, pola falta de políticas municipais medioambientais como polas actuacións realizadas sen ningún tipo de estudo nin planificación por parte do goberno do PSOE.

Desde o mes de febreiro levan agardando xs veciñxs de Viveiro para coñecer o suposto proxecto de rehabilitación do Parque Pernas Peón que tanto se preocupou o PSOE de Viveiro en anuncialo a bombo e platillo por prensa. Anuncio que, casualmente, fixeron o día despois da concentración que organizamos no Pernas Peón esixindo a súa rehabilitación como parque.

No vindeiro pleno preguntaremos si existe tal proxecto, quen o elaborou e de cando data. De existir, pediremos que o expoñan publicamente e que fagan partícipe á veciñanza da recuperación desta zona tan recoñecida por calquer viveirense.

Que pasou co suposto proxecto do parque Pernas Peón?
comentarios