Por un parque humanizado e con identidade propia

"Dende o BNG propoñemos que se lle de a oportunidade á veciñanza de participar neste proxecto e implicar a esta na xestión deste espazo público, porque estamos segurxs de que isto contribuiría a mellorar a conservación e uso deste patrimonio colectivo."

Por un parque humanizado e con identidade propia

O parque Pernas Peón foi durante décadas un espazo de descanso e ocio para varias xeracións de Viveiro, pero que deixou de ser hai anos un espazo verde e humanizado por mor da inexistencia dunha política municipal medioambiental. Logo de máis dun ano de actuacións ailladas sen ningún tipo de estudo nin planificación, atopámonos que o goberno municipal segue sen dar a coñecer a nosa veciñanza o que pretende facer neste espazo público, a pesares de que fai máis dun mes a nosa organización lle solicitara á sra. alcaldesa que informara á veciñanza do plan de traballo programado a desenvolver polo goberno municipal.

Por todo isto convocamos esta concentración hoxe, sábado 16 de marzo, para demandarlle ao concello unha vez máis, que faga partícipe á veciñanza do proxecto de recuperación deste parque, patrimonio de todxs nós e porque xs veciñxs de Viveiro teñen dereito a ter voz neste proxecto. Porque teñen dereito a coñecer as plantas, a tipoloxía de árbores e os elementos vexetais que se van a plantar no mesmo, así como cal vai ser o deseño e a ordenación deste espazo, con que equipamentos e servizos vai contar e cal vai ser o plan de conservación e mantemento do mesmo.

Á espera de que a sra. alcaldesa se decida a trasladarnos xs veciñxs de Viveiro os plans para este parque emblemático, aproveitamos para demandar a creación dun circuito multideporte ao redor da zona perimetral do mesmo, unha proposta feita ao concello hai tempo por algúns dos colectivos deportivos viveirenses e que dende o BNG apoiamos e demandamos que se inclúa no “futuro proxecto de recuperación do Parque Pernas Peón”.

comentarios