O BNG de Viveiro quere parabenizar aos veciños que se están a organizar para construir un Viveiro mellor

17 Sep 2018 ás 18:37
O BNG de Viveiro quere parabenizar as veciñas e veciños de Viveiro que se están a organizar para mellorar as condicións de vida no casco histórico. Consideramos que o casco histórico precisa de máis atención da que se lle está a prestar por parte do Goberno Local, tal e como constataron os máis de 100 veciños que acudiron á xuntanza do pasado mércores.
Tamén animar ao resto da veciñanza das diferentes parroquias a que sigan este exemplo de autoorganización na procura das melloras necesarias nos respectivos núcleos do Concello.
comentarios