A oposición de Viveiro ao completo, asina unha moción conxunta para que María Loureiro respecte os acordos plenarios

A oposición de Viveiro ao completo, asina unha moción conxunta para que María Loureiro respecte os acordos plenarios
Por iniciativa da portavoz municipal do BNG de Viveiro, Míriam Bermúdez, todos os grupos da oposición do Concello de Viveiro asinaron esta mañá unha moción conxunta para o impulso do cumprimento das iniciativas dos grupos da oposición aprobadas nos plenos da Corporación Municipal de Viveiro.


Primeiro. O 15 de xuño de 2019 celebrouse o pleno de constitución da última Corporación Municipal de Viveiro resultante das eleccións locais que tiveron lugar o 26 de maio de 2019, no cal foi elexida por maioría simple como alcaldesa deste concello, a socialista María Loureiro.

Segundo. O pleno, tal e como se recolle no artigo 122.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, é o órgano máximo de representación política da veciñanza no Goberno Municipal.

Terceiro. Desde a data 15 de xuño de 2019 na que deu comezo o mandato 2019-2023, os diferentes grupos políticos da oposición que compoñen a Corporación Municipal veñen presentando a debate nas sesións plenarias do Concello para a súa aprobación múltiples mocións co obxecto de contribuír a mellorar a prestacións de servizos públicos e a calidade de vida das súas veciñas e veciños, e a pesares que só algunha das moitas iniciativas propostas a través das mocións debatidas foron aprobadas pola Corporación Municipal, o Goberno do PSOE non foi nin é quen de poñer en marcha e/ou executar a maioría destas iniciativas, acabando no caixón do olvido da alcaldía de Viveiro.

Cuarto. A alcaldesa de Viveiro, ten atribuídas entre as súas funcións e obrigas a de ordear a publicación, a execución e a de facer cumprir os acordos do concello, segundo o estabelecido no artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local e o artigo 41 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, polo que se aproba o regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais. 

Quinto. A alcaldesa do concello de Viveiro, a pesares da súa obriga legal para facer cumprir os acordos plenarios, està a incumprir co desenvolvemento das iniciativas dos grupos da oposición aprobados en pleno, e polo tanto, está a non tomarse en serio o mandato da maioría da veciñanza de Viveiro que representa o Pleno da Corporación Municipal.

 

Por todo o anteriormente exposto, os grupos municipais do BNG, Son Viveiro, Por Viveiro e PP solicitan ao pleno da Corporación Local a adopción dos seguintes ACORDOS:
 

  1. O Goberno Municipal levará a cabo o cumprimento riguroso da execución dos acordos das mocións presentadas polos grupos da oposición que xa foron, e podan ser no futuro, aprobadas polo pleno da Corporación de Viveiro desde o inicio do mandato 2019/2023.
     
  2. O goberno municipal manterá informado mensualmente á Corporación Municipal sobre o estado de desenvolvemento dos acordos das mocións aprobadas en pleno.

 


Moción asinada por todas as voceiras da oposición de Viveiro:

A oposición de Viveiro ao completo, asina unha moción conxunta para que María Loureiro respecte os acordos plenarios
comentarios