O BNG fará valer A Mariña no Congreso dos Deputados

O BNG fará valer A Mariña no Congreso dos Deputados

O BNG presentou hoxe en Viveiro @s candidat@s que forman parte das listas do Congreso e do Senado. Xunto coa cabeza de lista Olalla Rodil, estará Daniel Castro de Ribadeo, Xosé Manuel Peña de Foz, Miriam Bermúdez de Viveiro, Belén González de Xove, Susana Riveira de O Vicedo e Andrea Martíns de Ribadeo, co compromiso de dar voz á comarca da Mariña que representa na provincia de Lugo unha altísima porcentaxe do seu PIB, e que nas últimas décadas ficou olvidada e abandonada por parte dos sucesivos gobernos estatais.

A cabeza de lista ao Congreso, Olalla Rodil, destacou "fronte á irresponsabilidade e a frivolidade coa que actúan as forzas políticas estatais, o BNG ofrece seriedade, diálogo e responsabilidade na acción política, valores que o BNG sempre fixo bandeira para dar solucións a moitos dos retos”.

A concelleira nacionalista en Viveiro, Míriam Bermúdez, di: "o saneamento da ría de Viveiro, as inundacións de Xunqueira, o arranxo da LU-161... Foron tantas e incontábeis as ocasións nas que Olalla Rodil deu voz a Viveiro no Parlamento Galego que, se os mariñáns nos facemos valer este 10N, Olalla fará que tamén resoe Viveiro no Congreso dos Diputados".

Enerxía solución
Un dos primeiros retos aos que se referíu Olalla Rodil foi ao tema da enerxía, necesaria para que factorías como a de aluminio de San Cibrao continúen coa súa producción, pero tamén para outras moitas empresas que pagan altísimos prezos pola electricidade. A demanda dun marco enerxético propio coa creación dunha Tarifa Eléctrica Galega é prioridade para o BNG, xa que permitiría abaratar o prezo da enerxía no país que mais produce no Estado.

Novas infraestruturas
Rematar co retraso nas infraestruturas viarias, coma a autoestrada que cruza a Mariña, a variante de Viveiro ou o tren de FEVE, porque con vontade política pódese revitalizar e comunicar toda unha comarca, entre ela e co exterior.

Autoridade Portuaria Propia
Defender a segregación do porto de San Cibrao, pois este xenera anualmente mais de 3 millóns de euros en ingresos para a autoridade portuaria de Ferrol sen que teña ningún tipo de retorno considerábel para a comarca Mariñá.

Apertura do Dique Norte de Morás
A liberación deste dique para o tráfico comercial sería unha alternativa de futuro que crearía emprego e dinamismo económico na comarca, reivindicación que as forzas estatais nunca priorizaron.

Pesca
A presentación nestes días dos TAC e cotas para 2020 anuncia recortes para a pesquería da pescada dun 20% nos caladoiros donde faena a nosa flota, así coma para outras especies. Fan falta voces no Estado que recoñezan que A Mariña é altamente dependente da pesca e que actúen en consecuencia.

Pensións dignas
Que Galiza asuma a competencia da xestión e réxime económico da Seguridade Social e derrogar a Lei 27/2011 que supuxo unha contrarreforma brutal das pensións. Elevar progresivamente a pensión mínima para que coincida co SMI, así como estabelecer a xubilación ordinaria aos 65 anos.

comentarios