Oficialízase o cambio do nome do CEIP Celeiro

O CEIP inagurado en 1955, deixa atrás o nome franquista de Pedrosa Latas de forma definitiva.

Oficialízase o cambio do nome do CEIP Celeiro

A proposta de Galiza Nova para o cambio de nome do CEIP de Celeiro, foi levada á comunidade escolar e posteriormente aprobada en Claustro. Dito acordo foi traslado ao Goberno municipal o cal permaneceu esquivo co tema, evitando pronunciarse e deu o voto a favor apoiandose no informe solicitado ao Cronista oficial. Pese a todo, o PP abstívose na votación, na sua habitual postura de non condenar a violencia e opresión franquista.

Galiza Nova e BNG de Viveiro divulgaron a figura de Pedrosa Latas, aínda que lamentan o silencio de outros grupos. Queremos manifestar a nosa satisfacción polo cambio de nome tanto do CEIP de Celeiro como da próxima EOI Luz Pozo Garza, ilustre poetisa galega, mestra e membra da RAG.