O BNG de Viveiro aposta por mellorar o deporte dende as institucións municipais

O BNG de Viveiro aposta por mellorar o deporte dende as institucións municipais

"No eido deportivo tamén é necesaria unha folla de ruta dende o Concello", afirma Santi Chao, número 9 da candidatura do BNG de Viveiro, e continúa: "entre as medidas que queremos desenvolver, está a de facer un censo das instalacións deportivas públicas para optimizar o seu uso e a de realizar un Plan de xestión para o uso da piscina municipal, polideportivo e outras instalacións. Tamén poñer en marcha a convocatoria anual de programas de subvencións a entidades asociativas e clubes, aplicando criterios estrictamente obxectivos e transparentes co fin de que podan programar, en coordinación co concello e con tempo suficiente, as actividades que desenvolvan ao longo do ano."

Santi tamén comenta que "o deporte é unha práctica en total ascenso e concebimos que a práctica da actividade física e do deporte é benestar para as persoas, polo que cremos que o deporte debe estar dirixido a todxs independentemente da idade, xénero e diversidades funcionais".

comentarios