O BNG de Viveiro acusa á Xunta de falta de respecto institucional e desprezo xs veciñxs

Miriam Bermúdez cre que a lei electoral debera ser moi clara cos políticos que fan uso partidista das institucións públicas, tal e como están a facer os cargos do PP na Xunta de Galiza.

O BNG de Viveiro acusa á Xunta de falta de respecto institucional e desprezo xs veciñxs

Miriam Bermúdez denuncia a bochornosa utilización electoralista por parte de Feixóo e Balseiro na carreira electoral do PP ás municipais de Viveiro con Óscar Rodriguez ao fronte. Señor que xunto con Balseiro, se dedica a anunciar día sí e día tamén, obras xa comprometidas e cuxos proxectos estiveron aparcados no caixón da Xunta até hai uns días. Mentres que colectivos viveirenses como son os asinantes do Manifesto pola rexeneración da Ría de Viveiro, seguen agardando unha resposta oficial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade desde o 7 de xaneiro, día no que lle remitiron dito manifesto esixindo o cumprimento dos prazos prometidos da execución das obras de mellora do saneamento da ría, recollidas no convenio asinado no 2016 entre a Consellería e o Concello.

Miriam Bermúdez: "Oscar Rodríguez é o candidato do PP local e seguramente represente aos militantes do PP de Viveiro, pero a día de hoxe este señor é un candidato máis dun partido político máis, como tantxs outrxs, e que non representa institucionalmente á veciñanza de Viveiro posto que non é nin tan sequera concelleiro, polo tanto, non forma parte da corporación municipal".

Dende o BNG de Viveiro esiximos ao goberno de Feixóo que deixe de usar as institucións e os investimentos públicos para lanzar ao estrelato ao seu candidato e comecen a comprometer partidas orzamentarias, como poñer en marcha as actuacións necesarias que eviten o risco de novas inundacións do río de Xunqueira (situación moi preocupante a deste barrio á que lle está dando largas con informes) ou as obras paralizadas como as do emisario submarino á altura de Celeiro, que fagan os deberes que teñen pendentes para evitar perder os fondos FEDER europeos, que son os que financian nun 85% estas actuacións.

comentarios