Moción para o seu debate en pleno en defensa da Sanidade Pública Galega

Moción para o seu debate en pleno en defensa da Sanidade Pública Galega

Debido á alarmante situación da Sanidade Pública Galega, é hora de que toda a corporación municipal pase das palabras aos feitos e se acorde por unanimidade instar á Xunta de Galiza para que se leven a cabo as seguintes medidas propostas dende o BNG de Viveiro, e que son tan esenciais para a nosa veciñanza:

  1. Crear unha cuarta praza médica de tarde no Centro de Saúde.
  2. PAC: Dotar de dúas equipas completas con persoal médico e de enfermería os 365 días.
  3. Cubrir a praza de pediatría descuberta.
  4. Aumento do orzamento destinado a Sanidade.
  5. Dimensionamento e estabilidade dos cadros de persoal.
  6. Eliminación das listas de espera.
  7. Plan de Mellora de Atención Primaria.
  8. Reverter as privatizacións e xestión propia dos servizos sanitarios.
  9. Eliminación dos copagos farmacéuticos.

 

Deixámosvos coa moción rexistrada hoxe 23 de xaneiro de 2019:

123

comentarios