A Ordenanza Contra a Protección Acústica, sen data de elaboración.

A Ordenanza Contra a Protección Acústica, sen data de elaboración.

No pleno de setembro era aprobada a moción do BNG na que pedíamos a elaboración dunha Ordenanza de Protección Contra a Contaminación Acústica, na que se limiten as actividades xeradoras de ruído nocturno e se declaren as rúas máis conflitivas do casco histórico “zona acústicamente saturada” e intervir para mellorar a calidade acústica medioambiental nas mesmas, entre outras moitas medidas para mellorar a convivencia nos cascos urbáns do concello.

Tras a aprobación da nosa moción, onde o PSOE se abstivo na maioría dos puntos da mesma, María Loureiro facía as seguintes declaracións en prensa ao día seguinte: "El goberno municipal de Viveiro prevé sacar a exposición pública "en outubro" la nueva ordenanza de protección contra la comunicación acústica outra ordenanza moi concreta para eliminar desordes de incivismo ou poder sancionar actos de vandalismo".

Polo que estando a novembro, preguntaremos no vindeiro pleno que ocorreu coa elaboración da ordenanza que pedía a nosa moción e para cando teñen previsto convocarnos para comezar coa súa elaboración.

 

 

comentarios