Míriam Bermúdez: "Un goberno en minoría debería colaborar coa oposición"

Míriam Bermúdez: "Un goberno en minoría debería colaborar coa oposición"

No pasado pleno do 30 de setembro, despois de analizar o pasado exercicio económico que poñía de manifesto o PSOE, non vai máis alá do mero intento de executar co estabelecido, un goberno que, grazas ao traballo do persoal dos servizos municipais, é capaz de cumprir en parte coas obrigas que impón a lei.

Emprazábamos xa, nesa sesión plenaria, a María Loureiro a que cambiase a súa actitude e escoitase con máis receptividade as propostas que se fan en positivo dende a oposición. Recalcábamos a oportunidade de aproveitar a ocasión na que o goberno municipal ten que poñerse a traballar no Orzamento Xeral de 2020 para convidala a que aproveitase para facer partícipe na elaboración do orzamento 2020 tanto aos grupos da oposición, como á veciñanza de Viveiro, poñendo en marcha uns orzamentos participativos e que si así o facía, non dubidase que por parte do BNG tería unha resposta positiva para traballar de xeito conxunto en beneficio das e dos viveirenses.

Como ven sendo habitual na forma de gobernar do PSOE, fixeron caso omiso da proposta, polo que estando a dez semanas para a entrega dos presupostos tanto a veciñanza de Viveiro como os grupos da oposición, non coñecemos ningún documento a respecto do Orzamento Xeral 2020.

comentarios