Membros do BNG viaxaron pola A8 para denunciar a ausencia de Viveiro nas sinalizacións

Reivindicando a sinalización na A8
Reivindicando a sinalización na A8

Viveiro non merece este aillamento ao que teñen sometido os gobernos de Feijoo e Rajoy, que lle están a negar desde hai máis dunha década unhas infraestruturas viarias modernas que lle permita conectarse co resto do país” declarou Ana Ermida

Membros do BNG viaxaron pola A8 para denunciar a ausencia de Viveiro nas sinalizacións

Membros do BNG viveirense, acompañadxs tamén pola Responsable Comarcal do BNG na Mariña, Ana Ermida, e o Deputado do BNG na Deputación de Lugo, Antón Veiga, viaxaron pola A8 entre Vilalba e Barreiros, para denunciar a ausencia de Viveiro nas sinais verticais das distintas saídas da A8, ademais da A6. Unha acción reivindicativa executada pola organización nacionalista tamén para visibilizar a desorientación que provocan os paneis informativos de Fomento na A8 aos usuarios da Autovía do Cantábrico que viaxan hacia Viveiro, os cales crean confusión e desorientación durante o seu desprazamento pola ausencia total do nome de Viveiro nos paneis.

Esta demanda xa histórica do pobo de Viveiro, que foi trasladada durante os últimos anos en numerosas ocasións ao Ministerio de Fomento por distintos grupos políticos e que foi tamén tan ignorada polo goberno central, foi levada novamente ao pleno de Viveiro do pasado 15 de marzo do 2017, aprobándose por unanimidade da corporación municipal unha moción promovida por 20 colectivos sociais, sindicais, culturais e empresariais, a iniciativa do BNG de Viveiro.

Por outra banda xs nacionalistas viveirenses denuncian o estado de abandono e aillamento no que os gobernos de Feijoo e Rajoy manteñen a Viveiro, así como ao resto da Comarca. Lamentan o desinterese que manifestan os dirixentes do PP pola da cidade do Landro, donde xs veciñxs ven como van perdendo oportunidades de futuro pola desconexión na que os mantén Feijoo e Rajoy. “É paradóxico que xs veciñxs de Viveiro teñamos que vir a Vilalba para coller a Autovía do Cantábrico” subliñan xs nacionalistas. Ademáis consideran imperdoable que os xefes do executivo autonómico e central permitan o desmantelamento do FEVE na Mariña e dean o seu visto bo a ausencia de investimentos nas infraestruturas viarias de Viveiro e Comarca nos orzamentos do Estado para o 2017.