Manifestación nacional en defensa da sanidade pública galega

Manifestación nacional en defensa da sanidade pública galega

O BNG de Viveiro, xunto coa Plataforma pola Defensa da Sanidade da Mariña, acudíu á manifestación que tivo lugar este pasado domingo 10 de febreiro en Santiago de Compostela, onde reclamaron a recuperación da Área Sanitaria da Mariña e acusaron a Feixóo de desmantelar os servizos na atención primaria da Mariña e no Hospital da Costa, poñendo en grave perigo a saúde d@s mariñáns.

Xa viñan denunciando dende hai tempo a precariedade laboral e o deterioro dos servizos sanitarios en Viveiro e por iso dende o BNG demandaron á Xunta, a través dunha moción presentada no concello, as seguintes melloras para o Centro de Saúde da vila:

  1. Unha praza médica a maiores na quenda de tarde.
  2. Crear o servizo de fisioterapia en quenda de tarde.
  3. Cubrir a praza de pediatría vacante.
  4. Dotar ao PAC de dúas equipas completas con persoal médico e de enfermería os 365 días do ano.
     

Algunhas fotos da manifestación:
 

47001087082_340bd21720_o47001087302_db4009c9c9_o33177948118_88a220da74_o51982092_1105847336243199_3246919370818977792_n52011252_1844321619012721_675143930941014016_o

comentarios