Que locais están en propiedade do Concello de Viveiro?

Que locais están en propiedade do Concello de Viveiro?

O pasado 14 de setembro solicitabamos por escrito ao concello unha relación dos locais que están en propiedade do Concello (escolas unitarias, escola-taller, centro comarcal, centros sociais, casa da xuventude, casa dos mestres, casa do guarda, baixos, pavillóns deportivos…) na que se detallase o estado dos inmobles, indicando cales non están debidamente acondicionados para ser utilizados, así como as asociacións, colectivos e/ou outros que actualmente están a facer uso destes espazos como tamén os criterios de concesión do uso dos mesmos e condicións de cesión de cada local (contratos de cesión, duración...).

Fronte á omisión de resposta a parte do contido, instamos á Sra. Alcaldesa a facer un exercicio de transparencia e nos conteste as seguintes preguntas ao completo no pleno do vindeiro mércores 2 de outubro:
 

  1. Relación de locais municipais nos que o concello e as asociacións e colectivos desenvolven actividades culturais, deportivas ou de ocio.
     
  2. Criterios de cesión dos locais municipais utilizados polas asociacións e/ou colectivos deportivos.
     
  3. Relación de entidades que actualmente teñen cedido algún dos locais municipais.
comentarios