Iniciativas do BNG para o pleno de marzo

Iniciativas do BNG para o pleno de marzo

Aquí van as nosas iniciativas para o pleno do 4 de marzo:

Mocións

  • Moción para barxar a siniestralidade en Covas e CantarranaEn 2017 xa os representantes dos hostaleiros e veciñanza de Covas reclamaban ao Goberno Municipal do PSOE os aparcamentos en espiga para que os vehículos estacionados saíran de fronte ao vial. En 2018 recordábamosllo nós polo rexistro do Concello, e reclamábamolo xunto coa xestión de solares privados dispoñíbeis na zona para utilizalos como aparcadoiros públicos provisionais. Agora en 2020, presentamos esta moción incluíndo os apardoiros en espiga, a xestión para o uso de solares privados como aparcadoiros públicos, e mesmo a realización dun estudo da estrada para reducir a siniestralidade coa dotación orzamentaria necesaria para o seu desenvolvemento.
     

  • Moción en apoio as reivindicacións do feminismo galego con motivo do 8M, pois temos que contribuír, desde a institución que é un Concello, a combater a precarización de servizos de coidados ocupados maioritariamente por mulleres, e a dar visibilidade ao que supón o traballo invisíbel dos coidados.

 

Rogos e preguntas

  • Está o Concello de Viveiro incrito no plan para a bonificación do 10% no canon do lixo? A bonificación do 10% debe repercutir na veciñanza cun pequeno aforro na taxa do lixo. Para poder aplicar a reducción, os concellos bonificados debían adquirir o compromiso de tomar medidas para a reducción e separación dos residuos. Estará Viveiro incluido no plan?
     
  • Ten pensado o Goberno Municipal do PSOE adoptar medidas para reducir o impacto do Catastrazo en Viveiro? Son moitos os concellos onde se realizaron estas revisións catastrais e que foron receptivos á hora de estabelecer reducións no tipo de gravamen (de até o 60%) e/ou bonificacións (de até o 95%) da cota íntegra do IBI.
     
  • E solicitamos que se nos faga entrega dunha copia da documentación relacionada co Camiño do Mar coa que conta o Concello, así como preguntaremos cales foron as accións promocionais desta ruta postas en marcha polo mesmo. Así como, que tramitación teñen feito para o recoñecemento da Xunta deste camiño como ruta Xacobea que pasa por Viveiro.
Iniciativas do BNG para o pleno de marzo
comentarios