Galiza Nova parabenízase pola boa acollida da súa proposta polo cambio de nome no CEIP de Celeiro

CEIP Pedrosa Latas
CEIP Pedrosa Latas

Galiza Nova valora moi positivamente que o Consello Escolar aprobara mediante asamblea a súa proposta de cambio de nome, pero critica ao goberno municipal polo desinterese dunha proposta presentada hai seis meses

Galiza Nova parabenízase pola boa acollida da súa proposta polo cambio de nome no CEIP de Celeiro

O pasado 10 de xullo, a organización nacionalista presentaba no rexistro do concello de Viveiro e ante os responsables do CEIP de Celeiro, a iniciativa na que expoñía a figura de Antonio Pedrosa Latas, persoaxe pertencente ao réxime franquista e presidente provincial da Falanxe, e convidaba ao goberno local a interesarse polo cambio de nome do CEIP Antonio Pedrosa Latas, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica e por respecto e dignidade dos milleiros de galegxs represaliadxs.

A proposta foi respondida e ben acollida polo centro, e o cambio de nome debatiuse no Consello Escolar e no Claustro, nos que foi aprobado. Sen embargo, o Goberno Local de Viveiro nin respondeu á proposta nin se interesou porque un colexio público da localidade leve o nome dun falanxista, polo que o cambio queda pendente da aprobación en pleno, pero que seis meses despois segue estando ausente nos plenos.

Seve Salgueiro, membro de Galiza Nova indica: “após de seis meses da presentación da proposta, lamentamos que o goberno local non fixese os deberes e di descoñecer a biografía de Pedrosa Latas, chegando a estar un representante do concello no mesmo Claustro Escolar no que se debatíu a proposta. Semella que eles teñen dúbidas pero Galiza Nova ten moi claro que hai que eliminar calquera homenaxe aos partícipes do franquismo”.

Indica que se o Colexio de Celeiro leva o seu nome é por iniciativas levadas a cabo dende un poder gañado coa violencia e a represión, tal como Pedrosa Latas recoñecía ao dicir que lograran “ganar con las armas lo que no consiguieron las razones” o louvando outros réximes como o fascista, chamando a Mussolini “cerebro de Europa”. Ademais ten feito declaracións en contra dos movementos estudiantís, nos que recoñecía que comienza a correr la sangre, pero, aunque esto es grave, no es lo más importante, lo verdaderamente grave es que en los claustros universitarios el grito de Viva España va constituyendo ya un delito"

Seve conclúe manifestando que: “agardamos que o Goberno Municipal, aínda que tarde, se interese polo tema e aprobe definitivamente a iniciativa”.