No encontro aberto mantido hoxe coa veciñanza debatimos de politica municipal no ámbito da cultura e asociacionismo

No encontro aberto mantido hoxe coa veciñanza debatimos de politica municipal no ámbito da cultura e asociacionismo

Nesta xuntanza falamos da necesidade de dotar a Viveiro de centros polivalentes para o desenvolvemento dunha actividade cultural que poña en valor as diferentes manifestacións culturais con raíz en Viveiro, así como da necesidade de readaptación de espazos municipais para o fomento e divulgación da nosa cultura audiovisual e dos nosos creadoras/es musicais e artístic@s.

En resumo, falamos dun Viveiro que sexa capaz de ofrecerlle a súa veciñanza e visitantes unha oferta cultural propia e diferenciada e que promova a participación activa das veciñas e veciños no eido da cultura a través dunha programación en rede e coa colaboración das asociacións, colectivos e centros de ensino do concello.

comentarios