Ana Miranda, a deputada do BNG no parlamento europeo, reúnirase este venres co sector pesqueiro de Celeiro

Ana Miranda, deputada do Bng no parlamento europeo
Ana Miranda, deputada do Bng no parlamento europeo

Ana Miranda vai facer seguimento no Parlamento da situación do saneamento da ría de Viveiro, cofinanciado pola Unión Europea, que está pendente de executarse despois de que Xunta e o Concello de Viveiro asinaran un convenio ao respecto en setembro de 2016.

Ana Miranda, a deputada do BNG no parlamento europeo, reúnirase este venres co sector pesqueiro de Celeiro

A deputada do BNG no Parlamento Europeo Ana Miranda, visitará a comarca da Mariña este venres 16 de marzo, e reunirase ás 17h na sede de Porto de Celeiro co sector pesqueiro, representantes de Porto de Celeiro e da Confraría de Celeiro. Entre outros, un dos temas a tratar será a situación na que se atopa a actuación “Saneamento de Celeiro e mellora da Edar de Viveiro”, cofinanciada pola UE a través de fondos FEDER no marco do Programa Operativo “FEDER Galicia 2014-2020", tal e como recolle o convenio asinado entre a Xunta e o Concello de Viveiro en setembro de 2016.

Esta preocupación non é só do sector pesqueiro, senón de todxs xs veciñxs de Celeiro e Viveiro, é algo que consideramos que lle hai que dar unha solución urxente e axilizar a execución desa obra e o arranxo do emisario submarino que leva anos roto a escasa distancia das instalacións de Porto de Celeiro S.A.

Dende o BNG de Viveiro xa instamos ao Concello de Viveiro e á Xunta de Galicia a rápida execución desta actuación, de vital importancia para Viveiro, máxime cando o convenio asinado contempla a execucíón da mesma entre o 1-12-2016 e o 31-12-2020.