Demandamos melloras nos servizos municipais debido ás numerosas queixas recibidas

O Concello deixa de prestar servizos públicos básicos por non contratar máis persoal ou simplemente por non actuar, tal e como nos teñen acostumados no PSOE e como ocorre con Viaqua, que por non esixirlles uns horarios máis conciliadores, tan só ofrecen un abanico de dúas horas de atención ao público

Demandamos melloras nos servizos municipais debido ás numerosas queixas recibidas

A deficiente atención coa que se están a prestar os servizos no Concello fainos recoller numerosas queixas por parte da veciñanza, debido á baixa laboral dxs traballadxs ou simplemente por executar os seus debidos descansos, nos que o Concello deixa de prestar servizos públicos básicos. Entendemos que o deber do Concello é velar polos dereitos dxs traballadorxs e tamén polos dereitos dxs veciñxs, os cales según se recolle na norma establecida teñen o dereito a ser atendidos en calquer momento da xornada laboral, o que implica que vai contra as normas pechar ou interrrumpir a prestación dos servizos por unha pausa ou ausencia do persoal do seu posto de traballo, polo que deben ser os responsables do concello os que establezan as medidas necesarias para lograr unha axeitada organización do traballo que permita compatibilizar ambos dereitos, o de sermos atendidxs e o de descanso dxs traballadxs.

Unha das queixas que nos trasladaron foi a falta de atención por parte dos Servizos Sociais Municipais debido á baixa laboral dun/ha dxs traballadorxs, sendo emprazados por este servizo a volver cando se fixera efectiva a reincorporación dx traballador/a. Os servizos sociais municipais son o sistema de protección social máis próximo, especialmente de quén está ou corre o risco de estar, en situación de carencia ou marxinación, cuxa función priomordial é a de desenvolver programas e prestar axudas que favorezan á participación, integración e benestar social das persoas e grupos. Non podemos entender que se aplace a atención de solicitudes de axuda de usuarios en situación de emerxencia social polo feito de que coincida a súa petición cunha ausencia ou baixa laboral dx traballador/a que lle corresponda.

Entre outras das queixas recollidas, está a falta ocasional de persoal na oficina de rexistro do concello para a recepción e rexistro de documentos a presentar polos usuarios, que a pesares de acudir en horario de apertura oficial do Concello, ás veces non poda nin entregar o seu escrito ou documentación no rexistro tendo que voltar a outra hora ou incluso outro día debido á ausencia do persoal.

Outra das queixas da veciñanza é o horario de atención ao público da oficina municipal do Catastro, que solo atende aos usuarios 3 días á semana. E por outro lado o da oficina do Servizo municipal de augas, xestionada pola empresa Viaqua, con un horario de apertura tan exclusivo de 9.00 a 11.00 da mañá, donde ademáis cuxa atención telefónica tense que facer a través dun 900 donde te atenden dende as súas oficinas de Madrid ou Compostela, non permitíndolle a/ao usuarix contactar directamente coa oficina de Viveiro. Está claro que a empresa quere rentabilizar ao máximo o seu contrato co Concello aforrando postos de traballo, mais cremos que é obriga do Concello prestar servizos públicos básicos.

 

Á vista do exposto, o Bloque Nacionalista Galego de Viveiro demanda ao Goberno Municipal:

  1.  Que os servizos sociais do Concello de Viveiro lle preste a atención debida a todos xs usuarixs en situación de emerxencia social que acuden a ese servizo, co obxectivo de evitar que se preste un servizo pola ausencia dx traballador/a, xa sexa por vacacións, permisos ou baixa laboral.
  2. Que se adopten medidas organizativas na oficina de rexistro do Concello, adscribindo o persoal necesario para establecer turnos de atención ao público, evitando así que se interrumpa a prestación do servizo, tal como recolle a lei.
  3. Que adopten as medidas organizativas necesarias para que a oficina municipal do Catastro, preste atención á veciñanza que acuda a ese servizo para xestionar temas desa natureza os cinco días laborábeis da semana.
  4. Esixirlle á empresa concesionaria de aguas de Viveiro, Viaqua S.A., a apertura da oficina de servizo municipal de augas no mesmo horario que os traballadores do Concello, ampliando a franxa horaria de atención pública as/aos usuarixs deste servizo.