Preto dun milleiro de persoas en protesta polo desmantelamento da sanidade pública

Pancarta nunha das pontes do traxecto
Pancarta nunha das pontes do traxecto

O obxetivo do PP é seguir recortando na nosa sanidade centralizando servizos, que no caso da Mariña trasladaránse a Lugo

Preto dun milleiro de persoas en protesta polo desmantelamento da sanidade pública

Este sábado 13 de xaneiro, acudimos á caravana e manifestación en contra da reforma da Lei de Saúde de Galiza, que entre outras cousas suporá a supresión das actuais áreas sanitarias do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés.

Saímos en caravana dende o Centro de Saúde de Cervo cos nosos vehículos, até o porto de Burela, onde nos xuntamos co resto de caravanas que viñan de Foz e o Valadouro. Rematamos cunha manifestación a pé até o Centro de Saúde de Burela, situado na praza do concello, onde se leu o manifesto en contra da reforma e berramos xuntos: "A área da Mariña, non se elimina", "desmantelan a pedazos xa non temos marcapasos", "atención hospitalaria nesta área sanitaria", entre moitas outras.

O 4 de febreiro haberá unha gran manifestacion na Alameda de Santiago de Compostela ás 12 horas, para a cal A Plataforma en Defensa da Sanidade está organizando a dispoñibilidade de autobuses gratuítos para quenes desexen acudir.

IMG-20180113-WA0011

IMG-20180114-WA0130IMG-20180114-WA0030IMG-20180114-WA0145DSC_2951

IMG-20180114-WA0137

DSC_2856