Concentración en Celeiro por unha ría e contorna máis limpa

Praza do Náufrago, Celeiro
Praza do Náufrago, Celeiro

Veciños de Celeiro aseguran que cando o tubo expulsa os resudios, este sube con forza e pode danar algunha embarcación

Concentración en Celeiro por unha ría e contorna máis limpa

Estades convidados o vindeiro domingo 11 de febreiro ás 13:00 horas, á concentración que levaremos a cabo en Celeiro, na Praza do Náufrago, para esixirlle á Xunta as melloras na rede de saneamento, solución aos problemas da EDAR (Estacion de Augas Residuais) que provocan verquidos cunha depuración deficiente, e a reparación do emisario submarino, roto dende hai anos á altura do peirao de Celeiro.

Foi o 23 de xuño do 2017 cando rexistrabamos no Concello a petición formal de información detallada sobre o grao de execución de ditas obras, recollidas no convenio asinado pola Xunta de Galiza e o propio Concello, en setembro do 2016. Perante a pasividade da Xunta de iniciar as obras, e a pasividade do goberno local, tanto de contestarnos como de esixirlle actuacións á Xunta, convocamos esta concentración reinvindicativa co fin de conseguir actuacións inmediatas porque a Ría de Viveiro non é un vertedoiro.notainformativaemisario