“O Concello ten que ofrecer unha guía clara para os viveirenses” apunta Míriam Bermúdez.

“O Concello ten que ofrecer unha guía clara para os viveirenses” apunta Míriam Bermúdez.

Hoxe vén de reiniciarse a actividade en gran parte dos estabelecementos, locais e terrazas así como as medidas de hixiene esixíbeis tanto dentro dos estabelecementos como para xs clientxs, polo que solicitamos ao Goberno Municipal que dispoña e distribúa de xeito URXENTE toda esta información nunha guía municipal única, “as guías estatáis e xenéricas non serven para a realidade de Viveiro” indica a concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, e incide en que “é precisa unha guía municipal na que se clarifiquen e detallen cáles son os supostos casos nos que se poden saír, qué actividades están permitidas e cales só dentro das franxas horarias de cada parroquia, dado que a veciñanza non ten nada claro que é o que se pode facer nin onde consultar a información con tantas normativas, contradicións e rectificacións.

Tamén insistimos na necesidade de que esta guía inclúa un pequeno manual de utilización das máscaras, dado o actual descoñecemento ou mal uso que estamos a constatar con relación a elas, polo que se fai necesaria a actuación do Concello de Viveiro como ente de retransmisión de coñecemento. Vólvese pois unha necesidade imperiosa manter informada á veciñanza da importancia en primeiro lugar da recomendación de levar máscara sempre que se esté fóra da casa e en segundo lugar de facer un bo uso das mesmas, polo que dende o BNG instamos ao concello a que se actúe á altura das circunstancias e responsabilidade do seu cargo.

E por último, vese imprescindíbel que nas zonas máis concurridas polos viveirenses se adapte a circulación peonil para que vaian nun mesmo sentido para evitar cruzamentos. Vemos moi positivamente que a ponte principal de Viveiro se adaptase con cada beirarúa a un sentido de circulación peonil, mais desde o BNG vémolo insuficiente. Hai que pórlle solución tamén aos tramos máis concurridos como son o paseo marítimo de Covas, eliminando o carril de circulación de vehículos se for necesario, como tamén os paseos de Viveiro, a variante e incluso ao tramo que descorre entre Lodeiro a Celeiro, cando menos menos nas franxas horarias máis concurridas, que son as estabelecidas para realizar paseos e deporte as persoas entre 14 e 70 anos. “É unha medida necesaria que xa debera estar implantada e comunicada á veciñanza” recalca Míriam Bermúdez.

“O Concello ten que ofrecer unha guía clara para os viveirenses” apunta Míriam Bermúdez.
comentarios