Charla-coloquio con Ana Miranda

Charla-coloquio con Ana Miranda
O BNG organiza este venres unha charla-coloquio aberta aos temas que o público que se achegue queira tratar. Contaremos coa participación da concelleira viveirense Miriam Bermúdez, e a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda Paz.

Ana Miranda xa é coñecida en Viveiro tanto polo seu interese pola degradación do areal de Covas como polo saneamento da ría de Viveiro en especial, onde a levou incluso ao Parlamento Europeo. Unha muller constante coa defensa do sector pesqueiro galego e co Brexit, coa situación das persoas refuxiadas como as do OpenArms, co saneamento das rías galegas e a limpeza dos rios, e un longo etcétera.

Esta charla-coloquio dará lugar na terraza do bar Cornelius situado na Praciña Da Herba, ás 19:00 horas.
comentarios