Celebramos que a alcaldesa de Viveiro decidira tomar nota da nosa demanda levada ao Parlamento Galego no verán do 2018

Os nacionalistas xa convocaran unha concentración en xuño do ano pasado para esixirlle á Xunta melloras na LU-161, onde acudiron numerosos veciños e  diferentes membros do BNG, como Miriam Bermúdez e a deputada Olalla Rodil.

Celebramos que a alcaldesa de Viveiro decidira tomar nota da nosa demanda levada ao Parlamento Galego no verán do 2018

Desde o BNG celebramos que a alcaldesa de Viveiro decidira tomar nota da nosa demanda levada ao Parlamento Galego no verán do 2018, onde o grupo parlamentar do BNG esixiu ao goberno autónomico do PP a adopción de medidas urxentes para executar obras de mellora e acondicionamento na estrada autonómica LU-161 (Landrove-Ferreira de Valadouro) co obxecto de poñer fin ao estado lamentábel na que se atopa o devandito vial, unha das principais vías de conexión d@s viveirenses coa comarca da Mariña Central. Demanda ante a que a Xunta de Galiza recoñeceulle o ao BNG o pasado mes de xaneiro por escrito o estado de deterioro desta estrada, comprometéndose, aínda q sen concretar data, a incluír a súa mellora dentro do Plan de Reforzos de Firme que está a desenvolverse pola Axencia Galega de Infraestruturas.

Así mesmo, Miriam Bermúdez, candidata do BNG á alcaldía de Viveiro e actual vicerresponsable da organización nacionalista, agradécelle á alcaldesa que se sumara a esta demanda do BNG, se ben espera que este apoio non só sexa puntual e que o goberno municipal vaia máis alá e decida sumarse a outras demandas feitas pol@s nacionalistas ao longo destes últimos meses en materia de infraestruturas, tales como a posta en marcha dun Plan de Supresión de puntos negros existentes no Concello, as reclamacións á Xunta de medidas de seguridade vial na LU-540 á altura das zonas do Cristo e a Ponte de Landrove, a reclamación de medidas de seguridade na estrada de San Lázaro ou así como na travesía de Covas, cux@s veciñ@s seguen vivindo unha preocupante inseguridade viaria, a pesares das numerosas promesas feitas polo Concello e a administración autónomica.

comentarios