O BNG de Viveiro volve a preguntar polos locais en titularidade municipal

O BNG de Viveiro volve a preguntar polos locais en titularidade municipal

Xa o 14 de setembro preguntába o BNG por escrito ao concello, unha relación dos locais que están en propiedade do Concello de Viveiro (escolas unitarias, escola-taller, centro comarcal, centros sociais, casa da xuventude, casa dos mestres, casa do guarda, baixos, pavillóns deportivos…) na que se detallase o estado dos inmobles, indicando cales non están debidamente acondicionados para ser utilizados, así como as asociacións, colectivos e/ou outros que actualmente están a facer uso destes espazos como tamén os criterios de concesión do uso dos mesmos e condicións de cesión de cada local (contratos de cesión, duración...). Escrito ao cal non recibimos resposta aínda hoxe.

O 2 de outubro volvimos a preguntar á alcaldesa do PSOE no Pleno da Corporación Municipal por esta relación de locais. Tampouco tivemos resposta ás nosas preguntas, a pesares de rexistrar as preguntas plenarias semanas antes da celebración do mesmo.

Fronte a repetitiva omisión de resposta por parte do goberno do PSOE, no vindeiro pleno do 12 de novembro volvemos a instar á sra. alcaldesa a facer un exercicio de transparencia e democracia para que nos conteste as seguintes preguntas:
 

  1. Relación de locais municipais nos que o concello e as asociacións e colectivos desenvolven actividades culturais, deportivas ou de ocio.
     
  2. Criterios de cesión dos locais municipais utilizados polas asociacións e/ou colectivos deportivos.
     
  3. Relación de entidades que actualmente teñen cedido algún dos locais municipais.
comentarios