Solicitamos medidas que protexan ás persoas que precisan de paseos terapéuticos e o respecto á súa privacidade e dereitos

Solicitamos medidas que protexan ás persoas que precisan de paseos terapéuticos e o respecto á súa privacidade e dereitos

Durante estes días de confinamento, organizacións e movementos asociativos do país que representan a persoas con discapacidade intelectual, TEA e parálise cerebral e as súas familias, levan días levantando a voz para denunciar un feito incívico, intolerante e inhumano: berros e insultos a persoas con discapacidade e con especiais dificultades para soportar a situación de confinamento que saen das súas casas, acompañadas. Estes paseos terapéuticos están permitidos na instrución que modificaba o artigo 4 do Real Decreto de declaración do estado de alarma do 17 de marzo.

Isto levou a movementos asociativos como Plena Inclusión a denunciar a situación ante a Valedora do Pobo en vésperas do 2 de abril, Día Internacional do Autismo, subliñando as repercusións directas na saúde física e psicolóxica das persoas, con ou sen discapacidade, que derivan de tales accións.

Doutra banda, movementos como Plena inclusión opóñense á opción de que as persoas con discapacidade saian á rúa portando distintivos que lles identifiquen, tal e como estivo circulando nas redes sociais, xa que iso vai en contra da Convención da ONU sobre Dereitos das persoas con Discapacidade na que se defende o respecto á privacidade, onde se engade que as persoas con discapacidade teñen dereito a ser protexidas de toda inxerencia arbitraria na súa vida privada.

Por todo isto, e ante posíbeis situacións similares neste concello, o BNG de Viveiro solicita ao equipo de goberno que dispoña que os servizos policiais interveñan e garantan paseos sen incidentes, sancionando os feitos se é preciso xa que durante o estado de alarma estes deben asegurar o acceso a esa utilización xustificada e excepcional da vía pública.

Solicitamos medidas que protexan ás persoas que precisan de paseos terapéuticos e o respecto á súa privacidade e dereitos
comentarios