O BNG de Viveiro propón poñer en marcha un plan de pago personalizado de impostos municipais e bonificacións á autocompostaxe

Afirman que un plan de pago personalizado de impostos municipais facilitaría á veciñanza o pago dos recibos.

O BNG de Viveiro propón poñer en marcha un plan de pago personalizado de impostos municipais e bonificacións á autocompostaxe

A candidata do BNG á alcaldía de Viveiro, Miriam Bermúdez, está a trasladarlle as súas veciñas e veciños que o seu grupo traballará desde o concello por unha política tributaria municipal que estea ao servizo da veciñanza porque, asegura Bermúdez  "defendemos unha facenda municipal máis xusta e equitativa".

En materia de política tributaria municipal, o BNG propón para os vindeiros anos a aplicación de criterios de xustiza social no ámbito da fiscalidade municipal, así como unha Ordenanza fiscal que premiará á veciñanza e ao comercio, hostalería e outras actividades económicas a recollida de calidade, a autocompostaxe e a redución da produción de residuos. Xs nacionalistas destacan a súa iniciativa de querer poñer en marcha un Plan de pago personalizado de impostos municipais para facilitarlle á veciñanza o pago de recibos fraccionadamente a través de ingresos periódicos (mensual, bimestral, trimestral ou semestral) a conta da débeda anual estimada correspondente a calquera dos seguintes recibos do padrón: IBI, IAE, IVTM e as taxas pola prestación do servizo de recollida de lixo e RSU de locais ou establecementos, entre outros. Un plan que ademais levará aparello unha bonificación na cuota íntegra destes impostos a pagar.

Co obxectivo de racionalizar e optimizar os recursos económicos e os investimentos, a candidata nacionalista, Miriam Bermúdez, recordaba estes días que no programa de goberno do BNG está contemplada a intención dxs nacionalistas de elaborar os primeiros meses de goberno un Plano Económico para o mandato do goberno municipal  no que queden estabelecidas as prioridades en materia de investimentos, no cal terán que figurar as obras que se pretendan executar no medio prazo, coas partidas que previsibelmente sexan necesarias para a súa execución, dándolle prioridade a investimentos que procuren melloras ambientais e sociais. Así mesmo anuncia que reivindicarán á Deputación de Lugo, desde o goberno municipal,  a consolidación do seu Plano Único de Cooperación cos Concellos e reclamarán da Xunta a integración no Fondo de Cooperación Local, como fondos incondicionados de cada concello, as subvencións finalistas, hoxe en día previstas nos orzamentos da administración galega e que responden a competencias locais (protección civil, infraestruturas rurais.

comentarios