Manifestación nacional pola Sanidade Pública Galega

Manifestación nacional pola Sanidade Pública Galega
"O BNG de Viveiro vén de participar na manifestación nacional pola Sanidade Pública Galegaxa que na última década", afirma a portavoz do BNG de Viveiro Míriam Bermúdez, "o PP con Feixóo á cabeza e coa escusa da crise, aplicou duras políticas de recortes e fixo modificacións lexislativas e organizativas que danaron gravemente a Sanidade Pública de Galiza, como son a redución de orzamentos, de centros de profesionais, de camas hospitalarias, privatizacións e externalización de servizos esenciais, derivacións de doentes a centros privados, listas de agarda disparadas, colapsos de urxencias, desatención clamorosa da saúde mental e das mulleres."

Continuou Míriam Bermúdez: "A atención primaria foi o ámbito da sanidade pública galega que con máis intensidade sufriu os recortes, e o Centro de Saúde de Viveiro fica como claro exemplo con: masificación de consultas, cupos desbordados, redución de profesionais, a non substitución de persoal, listas de agarda de máis dunha semana para medica/o de familia, peche de axendas, saturacións, ausencia de pediatras, PACs ao límite... Así como o Hospital comarcal de Burela que foi desmantelado progresivamente, eliminando servizos e especialidades, até ir converténdoos en ambulatorios que non poden dar resposta ás necesidades da poboación da Mariña."


Por todo isto e para teren unha sanidade pública digna, no BNG de Viveiro demandamos á Xunta de Galiza, como mínimo, as seguintes medidas para o Centro de Saúde de Viveiro:

  1. QUENDA DE MAÑÁ: cubrir as ausencias de longa duración e o resto das prazas cando solicitan dereitos fundamentais como son as vacacións, días de libre disposición ou outro tipo de permiso.
     
  2. QUENDA DE TARDE: Insuficientes para atender a demanda de Viveiro, confírmanno os propios veciñxs e os cupos dos médicxs os cales están sobrepasados. Feixóo sábeo e por iso en abril de 2019 o PP anunciba a creación dunha cuarta praza médica para Viveiro acompañada da creación dunha praza de enfermaría. A día de hoxe segue sen estar en funcionamento.
     
  3. PEDIATRÍA: cubrir de pediatras até asumir a demanda de atender ás crianzas non só do Concello de Viveiro, se non tamén dos Concellos de Ourol e O Vicedo onde xa foron recortadas as súas respectivas pediatrías.
     
  4. FISIOTERAPIA: O Centro de Saúde de Vivero está dotado dun ximnasio de rehabilitación que só abre en quenda de mañá, deixando as instalacións infrautilizadas que poderían, e deberían, abrir tamén en quenda de tarde de ter vontade política. Actualmente a fisioterapia ten listas de agarda que poden chegar até os dous anos.
     
  5. PAC: Como a pediatría, o PAC de Viveiro non só atende á veciñanza de Viveiro se non tamén á veciñanza de Ourol e O Vicedo, polo que é necesario dispor de dúas equipas médica-enfermeira os 365 días do ano e dotándoos do material necesario.

 

IMG-20200209-WA0050IMG_20200209_141442IMG_20200209_141417IMG_20200209_151654IMG_20200209_123955IMG_20200209_150531IMG-20200209-WA0005

comentarios