O BNG de Viveiro parabenízase polo acordo municipal que demandará á Xunta as melloras necesarias no Centro de Saúde

O BNG parabenízase aínda que non comprenden que se esqueceran dun punto da súa moción, a de incluir a físioterapia na quenda de tarde.

O BNG de Viveiro parabenízase polo acordo municipal que demandará á Xunta as melloras necesarias no Centro de Saúde

O BNG de Viveiro, que o pasado 23 de xaneiro presentaba unha moción no Concello en defensa da sanidade pública, foi quen de forzar á corporación municipal a debatir no pleno deste mércores sobre a situación da sanidade e a precariedade dos servizos no Centro de Saúde de Viveiro por mor dos recortes salvaxes que ven aplicando o goberno galego do PP.

O BNG parabenízase e parabeniza á súa veciñanza polo acordo que pretende alcanzar a corporación municipal para demandarlle á Xunta do PP as melloras necesarias, recollidas na moción presentada pol@s nacionalistas, para o Centro de Saúde de Viveiro co fin de @s profesionais do mesmo podan dar un servizo de calidade á veciñanza e usuari@s do centro de atención primaria do Concello.

Por outra banda, @s nacionalistas instan á alcadesa a emendar a moción do tripartito que van debater no pleno do día 6 de febreiro para incluír entre as reclamacións á Xunta a atención fisioterapéutica no Centro de Saúde de Viveiro en quenda de tarde, xa que só se dispón dunha fisioterapeuta na quenda de mañá, o que supón que o servizo e a instalación pública permaneza pechada pola tarde provocando longas listas de espera (de até un ano) ou a derivación a centros privados. Situación que se ve agravada desde o 31 de xaneiro en que o Sergas rompeu o concerto para a prestación de servizos de rehabilitación con clínicas privadas na Mariña, e todas as persoas que eran atendidas nas mesmas viron suspendido o tratamento de fsioterapia, sen recibir ningunha información e solución do Sergas ao respecto, según ven de denunicar a CIG Saúde da Mariña.

Por último, o BNG de Viveiro quere aproveitar para animar as súas veciñas e veciños a acudir o domingo 10 de febreiro a Santiago de Compostela as 12:00 da mañá, á manifestación nacional pola Sanidade Pública Galega convocada por SOS Sanidade Pública para que, coa forza da razón de todas e todos nós, fagamos recuar ao goberno da Xunta e rectifique a súa política sanitaria que está destruíndo a sanidade pública galega e poñendo en risco o noso dereito á saúde.

49294845_1065840370271087_577042372479680512_o

comentarios