O BNG de Viveiro lanza o seu Programa de Goberno cara as vindeiras eleccións municipais

O BNG de Viveiro lanza o seu Programa de Goberno cara as vindeiras eleccións municipais

O BNG de Viveiro publica nas redes o seu programa de goberno co que se presentas ás municipais do 26M para transformar Viveiro nun modelo de concello habitábel, saudábel, seguro, inclusivo e verde, onde a veciñanza será o eixe central no desenvolvemento da política municipal.

O programa de goberno co que se presentan xs nacionalistas ás eleccións municipais do 26 de Maio e que explicarán ás súas veciñas e veciños durante a campaña electoral, é froito do traballo desenvolto ao longo dos últimos tres anos coa veciñanza e dos encontros sectoriais abertos que veu mantendo a organización nacionalista coas viveirensxs estes 2 últimos meses, manifestou a candidata á alcaldía, Miriam Bermúdez, asegurando ademais: este é un programa de goberno aberto á veciñanza e a todxs aquelxs viveirensxs que queiran seguir facendo aportacións que teñan encaixe dentro da liña programática do modelo de concello pensado para Viveiro.

Premendo aquí, podes ler o Programa de Goberno do BNG de Viveiro.


Aquí un pequeno resumo do noso programa:
 

  1. As vías de comunicación, o grande reto para Viveiro. Elaborar un Plan de conservación, mantemento e mellora da rede de estradas municipais e autonómicas; posta en marcha da variante de Viveiro e das conexións co polígono empresarial de Landrove; reivindicar un servizo ferroviario renovado. 
     
  2. Un concello cohesionado e vertebrado, priorizando a mobilidade peonil e carrís bici, e o uso de transportes públicos funcionais e adaptados (bus e tren de proximidade); rebaixar o índice de siniestralidade e elaboración dun plan de supresión de puntos negros como os de Covas e Landrove (estacionamento en espiga, iluminación pasos peóns...); medidas de prevención, seguridade e estética das edificacións en estado ruinoso; ordenanza municipal da tenencia e protección de animais de compañía.
     
  3. Un concello centrado en cada unha das persoas de Viveiro, con novos plans para a mellora da formación, creación de emprego, e espazos de traballo; un concello que vai máis aló da integración e que busca unha inclusión real coa eliminación de calquera tipo de barreiras (físicas, comunicativas, de estereotipos, políticas, programáticas, sociais e de transporte); un concello pola igualdade, visibilizando o papel da muller na sociedade, favorecendo a conciliación familiar (servizos de axuda a persoas dependentes, revisión de horarios da escola infantil municipal, incorporación de sede electrónica nas dependencias municipais para evitar desprazamentos), e abordaxe integral da violencia de xénero; un concello coa mocidade, habilitando espazos de encontro para dar resposta ás súas inquedanzas de lecer, sociais, educativas, artísticas… Axudas para o transporte escolar, noitebús e opcións para o acceso á vivenda; un concello polo envellecemento activo; un concello saudábel e apto para o deporte, cun plan de xestión das instalacións deportivas para optimizar o seu uso, convenios de colaboración con clubes, habilitación e accesibilidade de espazos naturais e abertos, e atender ao deporte dirixido ás persoas maiores, persoas con diversidade funcional, e deporte feminino.
     
  4. A riqueza patrimonial de Viveiro, un elemento diferenciador. Fomento do asociacionismo, acondicionamento dos edificios municipais para unha actividade cultural en REDE, creación dunha rede museística cunha programación anual de actividades que axude a desestacionalizar o turismo, impulsar as manifestacións artísticas das persoas de Viveiro, e realizar un inventario e estudo do patrimonio cultural.
     
  5. O Mar, un dos motores económicos de Viveiro. Apoiar as actividades pesqueiras e marisqueiras a nivel de porto, formación e empresas. Conseguir un saneamento integral da ría, e a mellora da depuradora de Celeiro. Sen olvidar as necesidades do medio rural, apoiando as actividades agrícolas e gandeiras con obradoiros e impulsando o produto local; elaboración dun ordenamento forestal; deseñar plans de protección vixiancia e conservación do medioambiente; e o estudo da xestión de residuos e do lixo.
comentarios