No BNG de Viveiro exiximos a cobertura de persoal médico no Centro de Saúde de Viveiro

Dos tres médicos que pasan consulta na quenda de tarde só un traballou o mércores 14 de agosto, nunha poboación que ademais medra coa chegada de veraneantes.

No BNG de Viveiro exiximos a cobertura de persoal médico no Centro de Saúde de Viveiro

O SERGAS NON CUBRE AS AUSENCIAS DO PERSOAL

Actualmente na quenda de mañá do Centro de Saúde de Viveiro (formada por 7 efectivos), un médico xubilouse e outra médica tivo un nomeamento político​​ ​pero o SERGAS non os substitúe agás de xeito esporádico e aleatorio.

As consecuencias de que non se cubran as ausencias do centro de saúde de Viveiro "son moitas", e entre outras destacamos a masificación das consultas, os “cupos” profesionais por enriba do establecido legalmente e a redución de profesionais. Todas elas, polas «decisións que levan á deterioración estrutural da atención primaria en Viveiro».

 


UNHA SÓA MÉDICA PARA CUBRIR TRES NA QUENDA DE TARDE

Dos tres médicos que pasan consulta na quenda de tarde só un traballou o mércores 14 de agosto, nunha poboación que ademais medra coa chegada de veraneantes. Unha médica atópase de excedencia (sen substituír), outro médico de vacacións (non se substituíu) ficando así o centro de saúde cunha soa médica.

 


TRES HORAS DE AGARDA PARA COMUNICARLLES QUE NON TERÍAN ASISTENCIA

A persoas xa estaban citadas xa que o SERGAS comprometerase a cubrir cun segundo médico, mais chegaron as seis da tarde e foilles comunicado que tiñan que marchar para as súas casas​​ xa que finalmente non ían a mandar ningún substituto, ficando sen asistencia sanitaria.

Unha destas decisións é a de non substituír ao persoal cando está de vacacións, por xubilación ou por outros motivos, ​o que está a ter como consecuencia a redución de servizos e unha sobrecarga asistencial brutal nunha vila que ve aumentada a poboación durante o período estival polo turismo​.

 


DERIVACIÓNS A BURELA

Tamén o odontólogo está de vacacións até o 20 de agosto e derívanse a Burela só as urxencias, deixando sen atención as consultas ordinarias durante o mes enteiro. Dende a fronte nacionalista ​exiximos ao SERGAS a cobertura de todas as ausencias​​ e consideramos que “é básico rescatar a sanidade pública da Mariña e dignificar a Atención Primaria para garantir un servizo básico de calidade e proximidade fronte a un goberno que pretende convertela nun privilexio”.

 

Achegamos esta reclamación do 14 de agosto feita por un paciente:

reclamacion 3 horas de agarda