O BNG de Viveiro denuncia a falta de cobertura de persoal médico no Centro de Saúde de Viveiro

"Fronte ás mentiras do PPdeG a única realidade é que temos menos e peores servizos sanitarios", advirten.

O BNG de Viveiro denuncia a falta de cobertura de persoal médico no Centro de Saúde de Viveiro

A Atención Primaria continúa en estado de auténtica emerxencia en consecuencia das políticas do PP, sendo a atención primaria unha das principais damnificadas, denuncian as nacionalistas de Viveiro. Actualmente, explican, a quenda de mañá do Centro de Saúde de Viveiro está formada por 7 efectivos, máis este xoves faltan tres médicas que non foron substituídas, quedando o centro médico con tan só 4 facultativos.

Para a fronte nacionalista, as consecuencias de que non se cubran as ausencias no Centro de Saúde de Viveiro son moitas e, entre outras, destacan sobrecarga asistencial, deterioración da atención a pacientes, listas de agarda, esgotamento e desmotivación do persoal sanitario… Todas elas, aseguran, polas decisións que levan á deterioración estrutural da atención primaria.

Dende o BNG de Viveiro esixen a cobertura de todas as ausencias e consideran que é básico rescatar a sanidade pública galega, a recuperación das estruturas de xestión de Primaria e o aumento do orzamento de tal forma que se ofrezan contratos estables a máis médicos, e así dignificar a Atención Primaria para garantir un servizo básico de calidade e proximidade fronte os gobernos do PP que pretenden convertela nun privilexio.

comentarios