O BNG de Viveiro demandará infraestruturas viarias para un concello do S.XXI

O BNG de Viveiro demandará infraestruturas viarias para un concello do S.XXI

"Promoveremos iniciativas para ​exixir a mellora das estradas autonómicas ​e as vías de conexión directa coa autovía AG-64 (Vilalba-Ferrol) ​e coa VACosta Norte (​CG-1.3 e CG-2.3), ​claves para o desenvolvemento socioeconómico de Viveiro e o seu futuro" así de contundente fala o número 2 da candidatura do BNG de Viveiro, Seve Salgueiro, e continúa: "tamén é preciso poñer en marcha iniciativas para evitar o desmantelamento dos servizos ferroviarios de Ferrol a Ribadeo e reivindicar un servizo público cómodo, económico e sustentábel como é o ​tren de proximidade, ​así como demandarlle a Xunta e ao Ministerio investimentos necesarios para mellorar a súa infraestrutura e uns horarios axustados á realidade laboral. 



Seve Salgueiro: "impulsaremos a realización dun estudo para poñer en marcha un ​Plan de supresión dos puntos negros en Viveiro para así rebaixar o índice de siniestralidade en diferentes puntos, tales como a travesía de Covas e Landrove entre outros, sendo esencial a realización e desenvolvemento dun ​Plan de conservación e mantemento da rede de estradas ​de titularidade municipal​ que conectan todas as parroquias, promovendo iniciativas para ​exixir a mellora das estradas autonómicas (LU-161, LU-862, LU-540).

Todo isto e moito máis, no punto 9 do noso Programa de Goberno.

comentarios