O BNG demanda a posta en marcha dun plan de actuación ambiental na contorna do paseo fluvial do rio Landro

Aseguran que a contorna deste paseo está sendo invadida por especias como o eucalipto ou o "plumacho".

O BNG demanda a posta en marcha dun plan de actuación ambiental na contorna do paseo fluvial do rio Landro

Os nacionalistas denuncian que o ecosistema fluvial que conforma o paseo fluvial do río Landro, incluído na Rede Natura 2000 e na Zona de Especial Conservación (ZEC), está sufrindo o crecemento e expansión de especies foráneas e invasoras, principalemente eucaliptos e cortadeiras selloanas, ou máis coñecidas popularmente como “plumachos”, co consecuente perigo e ameaza que isto supón para ás árbores autóctonas e a biodiversidade deste espazo de especial conservación.

Demandan a actuación urxente neste espazo natural e propóñenlle á alcaldesa socialista, María Loureiro, a posta en marcha dun plan de actuación ambiental na contorna do paseo fluvial do río Landro que inclúa, nunha primeira fase, as seguintes actuacións:

  1. Identificación das especias invasoras existentes e sobre as cales é posible actuar. Como a tala dos eucaliptos.
  2. Identificación e eliminación, polos medios axeitados, dos plumachos así coma de todas as demáis especias invasoras.
  3. A repoboación da zona con árbores autóctonas propias da ribeira.
  4. O estudo e catalogación das especies de flora e fauna desta contorna para poñer en valor a súa biodiversidade e dar a coñecer o o seu alto valor ecolóxico, promovendo a súa conservación e protección.
  5. O seguimento e control ambiental da zona.
comentarios