O BNG de Viveiro comparte a preocupación dos centros educativos pola reincorporación do persoal sen garantías sanitarias

O BNG de Viveiro comparte a preocupación dos centros educativos pola reincorporación do persoal sen garantías sanitarias

Dende a Consellería de Educación dictáronse unhas instruccións que impoñen aos centros de ensino a apertura inmediata dos mesmos sen garantirlles as máis elementais medidas de protección, seguridade e hixiene aos seus traballadores e traballadoras, equipos directivos, persoal administrativo e de limpeza, que teñen que desenvolver as súas tarefas a partir do luns sen garantir a protección contra un posíbel contaxio ás nais, pais e alumnado que teñan que acudir a realizar xestións de matriculación.

Unha falta de planificación e improvisación absolutas que vulneran a Lei de Prevención de Riscos por non facer ningún tipo de avaliación de riscos biolóxicos (antes innecesaria por estar os centros pechados, mais agora vólvese totalmente imprescindíbel), que a administración non negociou cos centros as condicións de reincorporación do persoal.

Esta reapertura dos centros por orde da Consellería de Educación da Xunta, vaise realizar sen existir protocolos claros de prevención de contaxios nin de protección dos colectivos máis vulnerábeis, o que nos parece dunha gravidade extrema, polo que nos gustaría que a Xefa Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Mariña Gueimunde, nos aclarase:

  1. ​Se é conforme coa Consellería de Educación de obrigar ao persoal dos centros de ensino a acudir a un posto de traballo sen ofrecerlles garantías sanitarias mínimas.
     
  2. Preocupáronse ela e mais a Consellería de coñecer cales son os centros de ensino da provincia de Lugo que teñen traballadorxs vulnerábeis por pertencer a algúns dos grupos de risco que recollen os protocolos do Ministerio de Sanidade, e que polo tanto, non se van poder incorporar o vindeiro 11 de maio.
     
  3. Ten pensado a Consellería de Educación adoptar algunha medida para cubrir eses postos vacantes até a reincorporación destxs traballadorxs?
     

O material de protección que aportará a Xunta de Galicia, segundo indican no DOG, son unhas pegatinas para o chan para delimitar as distancias, claramente insuficiente, dado que o profesorado, persoal administrativo e servizo de limpeza non recibirán elementos eseciais de protección individual (epis) nin produtos de hixiene e limpeza para unha protección colectiva, polo que as condicións de seguridade sanitaria ante a apertura inminente non está garantida expoñendo a un posíbel contaxio xs traballadorxs, usuarixs e alumnado.

Por outra banda nesas instrucións detallan, iso sí, que ten que existir un servizo de limpeza en horario de mañá para efectuar os traballos necesarios entre quendas de atención ás familias que acudan a tramitar documentación, mais non todos os centros o teñen garantido, posto que nos colexios de ensino infantil e primaria son os propios Concellos os que prestan este servizo de limpeza, mais como é habitual e como recollen os actuais contratos coas empresas adxudicararias, son en horario de tarde, polo que non estarían cubrindo o horario de mañá deixando ao persoal e usuarixs dos centros novamente desprotexidos. Pretende a Consellería e a Xefa Territorial que sexan modificados os contratos dos servizos de limpeza para unha posíbel modificación nos horarios cunha urxencia inmediata? Que pasa cos dereitos dxs traballadorxs do servizo de limpeza que poden ver modificada a súa xornada laboral dun día para outro?

A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, considera que a Xefa Territorial de Educación, debera dar resposta ás demandas que se lle están a facer dende os centros educativos de Viveiro e que garantan ante todo unha situación laboral segura, deixarse de tirar balóns fóra e de escudarse nunhas instruccións da Xunta de dubidosa legalidade e que atentan gravemente contra os dereitos laborais, de saúde e seguridade dxs empregadxs e usuarixs dos centros de ensino da Xunta.

O BNG de Viveiro comparte a preocupación dos centros educativos pola reincorporación do persoal sen garantías sanitarias
comentarios