BNG de Viveiro apoia ao comercio local

Ademáis no BNG, todos os anos facemos campaña animando a potenciar feiras e mercados, a consumir produtos galegos e a mercar no comercio de proximidade.

BNG de Viveiro apoia ao comercio local

Este sector de vital importancia na Galiza, nomeadamente en Viveiro, está a padecer unha situación crítica a consecuencia, entre outros motivos, das medidas ou falta de medidas que tanto o Goberno español como o Goberno galego están a tomar, e que teñen como efecto a paralización da economía, a falla de crédito e a caída do consumo.

Un sector fundamental para a economía e a sociedade galega ao que hai que engadir o papel de primeiro orde que o comercio xoga na vertebración do territorio de vilas, cidades, barrios e aldeas da Galiza, xa non só garantindo o abastecemento da poboación, se non como dinamizadores do espazo, evitando a desertización dos núcleos urbanos.

Todos os datos indican caídas permanentes de vendas, peche de estabelecementos, perda de postos de traballo... que están levando á desaparición do tecido comercial galego. Toda esta situación que padece o pequeno comercio, vese agudizada polos novos hábitos de compras dos consumidores, destacando a compra online.

O BNG ten levado ás diferentes institucións onde ten representación a preocupación por este sector, demandando ás administracións pertinentes a adopción de medidas para facer fronte as cuestións como a perda de empregos, a comercialización de produtos galegos e a dinamización das nosas vilas, propoñendo

 

  1. Promover axudas para implantar ou mellorar estabelecementos específicos que comercialicen produtos autóctonos.
  2. Colocar paneis nas entradas das vilas e cidades apoiando o comercio local e convidando a mercar nestes estabelecementos. 
  3. Regular os horarios comerciais.
  4. Estabelecer liñas de créditos prioritarias para o comercio de proximidade.