O BNG solicita bandos municipais á altura das circunstancias e a súa publicación nos medios oficiais

O BNG solicita bandos municipais á altura das circunstancias e a súa publicación nos medios oficiais

Míriam Bermúdez solicita ao Goberno de María Loureiro a que informe á veciñanza das medidas adoptadas relacionadas co proceso de desescalada a través dos medios oficiais que dispón o Concello, pois non todo o mundo utiliza as redes sociais nin é unha vía oficial. É algo esencial a publicación dos bandos na páxina web do Concello no momento de facelos públicos e situalos nun lugar visíbel facilitando a súa consulta aos veciños e veciñas.

Por outra banda, demandamos tamén que se proceda á colocación dos mesmos nos taboleiros existentes en cada parroquia, así como nos taboleiros postos a raíz da moción do BNG para un Viveiro libre de contaminación electoral, aproveitando que algúns deles xa estan instalados e suxerindo deixalos de forma permanente para que ademais de colocar os cartaces de cada cita electoral, sirvan para os bandos oficiais, cartaces culturais, de festas, etc.

Míriam Bermúdez tamén incide na redacción dos bandos recalcando que "consideramos que o texto do bando debe ser máis preciso e aportar toda a información necesaria, polo que deberan explicar no texto qué supón unha franxa horaria e o que recolle a lei en canto as actividades que poden realizarse e condicións das mesmas. Poñer unha frase na que se lle di á veciñanza que consulte a normativa, non facilita información”.

Por último, vén de publicarse no BOE extraordinario que marca as condicións para a reapertura ao público de estabelecementos, locais e terrazas a partir das 00h do luns 11 de maio así como as medidas de hixiene esixíbeis tanto dentro dos estabelecementos como para xs clientxs, polo que solicitamos ao Goberno Municipal que dispoña e distribúa de xeito urxente toda esta información nunha guía única e a distribúa a través dos comercios e negocios de Viveiro. Unha guía na que se clarifiquen e detallen cáles son os supostos nos que se poden saír, dado que a veciñanza non ten nada claro que é o que se pode facer e que é o que non, tanto para xs que están suxeitxs a unha franxa horaria como para xs que non.
 

O BNG solicita bandos municipais á altura das circunstancias e a súa publicación nos medios oficiais
comentarios