O BNG pregunta cando se reabrirán as fontes públicas de Viveiro

O BNG pregunta cando se reabrirán as fontes públicas de Viveiro

O pasado 6 de abril, o Goberno Municipal do PSOE optou por seguir unha das indicacións do Goberno Estatal nas que recomendaba, deixando en mans dos concellos, a posibilidade de precintar as fontes de auga públicas por seren un posíbel foco de contaxio, máis en concreto polas súas superficies que poidan estar en contacto tales como as billas.

Desde o BNG de Viveiro cremos que esta medida de precintar as fontes públicas foi unha medida pouco estudada polo Goberno de María Loureiro, sen nen sequera diferenciar entre as fontes que necesitan de contacto para o suministro de auga, ben sexa billa ou pulsador, das que teñen un paso continuo de auga e que polo tanto, non precisan de contacto para suministrar a auga sendo inexistente o risco de contaxio cunhas medidas mínimas. Por desgraza, isto non só se traduce nunha molestia para a veciñanza senón que tamén empeora a situación fronte o coronavirus, obrigando á xente a acudir aos supermercados a por un elemento básico como é a auga, onde están expostos nunha moita maior medida a un posíbel contaxio en todas as súas superficies, por non falar do incremento nas concentracións de xente nestes estabelecementos.

Ao BNG chegaron múltiples testimonios dx veciñxs na liña do detallado anteriormente, quen nos preguntan reitaradamente cando se procederá á reapertura das mesmas. Polo que rematamos de rexistrar un documento solicitando información ao respecto das medidas previstas polo Goberno Municipal en relación coa reapertura das fontes, do que agardamos ter resposta directa, e non a través da prensa como acostuman a facer, na maior brevidade posíbel,

O BNG pregunta cando se reabrirán as fontes públicas de Viveiro
comentarios