O BNG lamenta o descarrilamento do tren en Viveiro

Míriam Bermúdez: "agardamos que fose un suceso fortuíto e non o resultado da política de desmantelamento do goberno estatal e da Xunta."
O BNG lamenta o descarrilamento do tren en Viveiro

Hai que agradecerlle á fortuna, que non a FEVE, que non teñamos que lamentar unha desgraza e que quedara todo tan só nun susto. Un accidente que esperamos que sirva cando menos de aviso aos responsábeis políticos e da administración correspondente.

A portavoz municipal do BNG en Viveiro recorda que a organización nacionalista ven de presentar estes últimos anos numerosas propostas e medidas no Parlamento Galego para a mellora deste servizo de transporte ferroviario, así como múltiples iniciativas desde diversas comarcas do país rexeitadas todas elas pola Xunta do PP e sen recibir apoio algún por parte do PSOE, mentras que os usuarios do Feve continuan sen solucións e sufrindo diariamente accidentes como o descarrilamento á altura de Celeiro, avarías, continuos retrasos, supresión de numerosos servizos e incluso a falta de revisores. As consecuencias de non contar con billete no caso de ter ocorrido unha desgraza, serían nefastas para os viaxeiros.

Un servizo de transporte que debera servir para vertebrar as comarcas de Ferrol, Ortegal, A Coruña e toda A Mariña, continúa en decadencia premeditada. Desde o BNG só poden explicarse á política de desinversión nesta infraestrutura (2 millóns de euros menos no proxecto dos orzamentos xerais do estado de 2018) como obxectivo do goberno central do PSOE, co aval da Xunta do PP, de deteriorar ao máximo a calidade deste servizo para facerlle desistir á cidadanía de usar este medio de transporte, menos contaminante que outros, para desprazarse polo territorio galego.

comentarios