O BNG insístelle ao Goberno do PSOE a habilitar para as praceiras e produtores locais os postos baleiros da Praza de Abastos

O BNG insístelle ao Goberno do PSOE a habilitar para as praceiras e produtores locais os postos baleiros da Praza de Abastos

Entre todos os comunicados e roldas de prensa que o presidente Nuñez Feixóo ofrece a diario (asemellándose isto máis a unha campaña electoral que a unha emerxencia sanitaria), informou nun deles que a Xunta ía permitir a apertura dos mercados locais agroalimentarios a partires do 4 de maio. O que se olvidou dicer, e que esto viña con moitas limitacións e impedimentos para os mercados locais, onde o máis destacabél é que tan só poden acudir aqueles postos de persoas titulares da explotación agraria con actividade inscritas na “Sección de Venda Directa” (SEVEDI) do “Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia” (REAGA). Provocando que mercados como os que se celebran en Viveiro, apenas dous postos cumplan cos requisitos e se lles permita vender os seus produtos, aínda a pesares de que estes mercados ofrecen maiores garantías sanitarias que calquer supermercado. Isto provoca que vendedorxs do mercado e produtorxs locais de Viveiro, non poidan vender os seus produtos nos diferentes mercados tradicionais.

Desde o BNG viveirense insistimos novamente na proposta exposta na reunión de voceiras do 24 de marzo á alcaldesa, para que desde o Concello se ceda temporalmente os postos baleiros do Mercado Municipal (Praza de Abastos) para paliar a actual situación dxs praceirxs e produtorxs locais que non poden realizar a súa actividade nos mercados semanais nin darlles saída aos seus produtos de horta. “A rapidez e axilidade é vital en moitos casos, este é un deles, canto máis se tarde en habilitarlles estes postos, máis produtos terán que desbotar creándolles aínda máis perdas”, indica a concelleira do BNG.

Míriam Bermúdez tamén insistiu na creación da Plataforma de venta online conxunta para todo Viveiro, recalcando que “esta plataforma ten que ser municipal, feita desde o Concello para que colla a todo o tecido empresarial, produtivo e comercial de Viveiro; comercios, productores locais, Mercado Municipal... Xa que a pesares do confinamento as ventas por internet non decaeron senon todo o contrario, polo que é preciso que o comercio de Viveiro teña unha gran plataforma web conxunta”. “Se agora que aumentou a compra online dunha maneira exaxerada non é o momento de facer esta plataforma, a ver cando”, pregúntalle á alcaldesa.

O BNG insístelle ao Goberno do PSOE a habilitar para as praceiras e produtores locais os postos baleiros da Praza de Abastos
comentarios