O BNG insiste ao Concello de Viveiro que respecte a Lei de normalización lingüística

O BNG insiste ao Concello de Viveiro que respecte a Lei de normalización lingüística

No pasado pleno de agosto, dende o BNG solicitábamos nun rogo que se respectase o artigo 4.1 da Lei 3/1983 do 15 de xuño de normalización lingüística, no que se declara o galego como a lingua oficial das administracións locais. Ademais da Lei 5/1988, do uso do galego como lingua oficial polas entidades locais que estabelece, entre outros, que as convocatorias de sesións, ordes do día, mocións, votos particulares, propostas de acordo, dictames das Comisións informativas e actas das entidades locais de Galiza han de redactarse en lingua galega.

A resposta da alcaldía baseouse en que por parte do BNG “se estaba terxiversando a realidade”, polo que nos gustaría dar exemplos claros que motivan que, por segunda vez, fagamos este rogo:
 

  • A primeira convocatoria que recibe este grupo (convocatoria especial de contas) despois do pasado pleno está en castelán.
     

  • Os carteis instalados nas praias coas normas relacionadas coa COVID-19, en castelán.
     

  • A sinalización do chan, de circule pola súa dereita, en castelán.
     

  • Os vídeos promocionais do Concello, en castelán.
     

  • A atención ao público na ampla maioría dos casos, en castelán.
     

  • A sede electrónica iniciase por defecto, en castelán.
     

  • Todo cartaz informativo do parking subterráneo "Aparcamientos A Mariña" de xestión municipal, en castelán.

O BNG insiste ao Concello de Viveiro que respecte a Lei de normalización lingüística
comentarios