O BNG inicia unha serie de encontros que terán lugar polas distintas parroquias do concello de Viveiro

O BNG inicia unha serie de encontros que terán lugar polas distintas parroquias do concello de Viveiro

Así inicia o BNG de Viveiro a súa volta á corporación, programando xuntanzas periódicas abertas entre as 12 parroquias do Concello. Xuntanzas que teñen como obxecto presentar a súa portavoz municipal, explicar as liñas de traballo e folla de ruta que vai seguir o BNG na corporación municipal dos vindeiros 4 anos, así como tamén escoitar e recoller as demandas e propostas que as veciñas e veciños queiran trasladarlle á organización nacionalista.

O primeiro destes encontros realizarase no Salón Multiusos do Concello de Viveiro o próximo venres, 21 de xuño ás 19:30h.

comentarios