Fronte a emerxencia climática

Fronte a emerxencia climática

O 27 de setembro Galiza vai estar presente nas mobilizacións que a nivel mundial se van dar polo cambio climático. É moi importante conseguir que a cuestión ecolóxica pase a ser central nas prioridades políticas, e non só para sinalar as consecuencias, senón tamén as causas, a comezar pola principal: un capitalismo depredador que pon en perigo a propia supervivencia do planeta.

Sumámonos ás mobilizacións tomando consciencia das problemáticas non só globais, senón locais, as que temos ao noso carón e padecemos máis directamente: rexeneración da ría, eucaliptización, despoboamento, espolio e saqueo colonial dos nosos recursos...

Tamén no plano medioambiental temos que facernos valer. E aplicar alternativas propias para poñer en marcha unha Galiza viva, moderna e sustentábel nun planeta para compartir.

comentarios